Logo
Premio de Xornalismo Luís Mera

IV Premio de Xornalismo Luis Mera


BASES DO IV PREMIO DE XORNALISMO LUIS MERA

1 O Premio está dotado con 1.000 euros, diploma acreditativo e alegoría artística. No caso de recaer o premio en traballos colectivos a contía será proporcional ao número de participantes. O Xurado poderá outorgar accésits, sen dotación económica, entregando aos seus autores pezas artísticas alusivas ao Xornalismo. O importe do Premio estará suxeito ás correspondentes retencións fiscais.

2 Poderán concorrer ao certame os xornalistas profesionais e colaboradores habituais que desenvolvan o seu traballo de información ou opinión sobre calquera tema ou xénero do ámbito xeográfico das devanditas comarcas e houbera sido publicado ou emitido nun medio de comunicación da comunidade autónoma galega.

3 A convocatoria do Premio poderán concorrer os traballos publicados ao longo do ano 2017. En ningún caso se admitirán traballos de fora do devandito período. Admitirase a concurso un único traballo por autor ou colectivo de autores.

4 O prazo de admisión de traballos finalizará o vindeiro día 9 de marzo de 2018.

5 Os exemplares presentados requerirán as seguintes condicións:
PRENSA ESCRITA:
Envío dunha copia da publicación na que foi difundido.
AUDIO ou VÍDEO:
Entregarase unha copia que deberá recoller o espazo ou programa completo en que foi emitido.
ELECTRÓNICO: Presentarase unha copia que recolla a captura da páxina ou páxinas web onde foi difundido.

6 Os traballos que se presenten ao Premio poderán enviarse por correo electrónico: premioxornalismo@clubdeprensadeferrol.com, ou por correo postal ao CLUB DE PRENSA DE FERROL. Apdo. de Correos 283. 15480 FERROL, e farán constar no sobre: 4º PREMIO DE XORNALISMO “LUIS MERA”.

7 A presentación e a inscrición farase a través da páxina web do Club de Prensa de Ferrol: www.clubdeprensadeferrol.com (pestana): PremioXornalismo/Inscrición. Unha copia desta inscrición será enviada coa copia do traballo ao enderezo elixido para o envío. Os autores enviarán tamén un breve currículo indicando a súa formación e actividade profesional.

8 O Xurado estará composto pola Presidencia do Club de Prensa (ou persoa na que delegue), e por profesionais do sector da Comunicación, e estará asistido nas súas deliberacións por un Secretario, membro do devandito Club de Prensa, con voz e sen voto

9 A decisión do Xurado será inapelable. O Premio poderá declararse deserto.

10 O fallo do Xurado será feito público antes do remate do mes de abril de 2018.

11 O Club de Prensa de Ferrol poderá divulgar os traballos premiados, citando ao autor e medio de publicación ou emisión orixinal.

12 A presentación a este Premio implica a aceptación polos autores de todas as bases da convocatoria, así como a autoridade do Xurado para resolver continxencias non explícitas nesta normativa.



© Club de Prensa de Ferrol 2009-2018