Logo
Libertad de Prensa: El premio José Couso

Bases do XV Premio José Couso


O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), creado pola Lei do Parlamento Galego 2/99 do 24 de febreiro e o Club de Prensa de Ferrol, convocan a décimo cuarta edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, co obxectivo de recoñecer e difundir o traballo dunha persoa viva ou organización existente destacada na defensa da liberdade de prensa ou cunha salientable traxectoria profesional, libre e independente.

José Couso foi disparado o 8 de abril de 2003 mentres realizaba o seu traballo para os informativos de Tele5. No mesmo ataque faleceu o tamén cámara ucraíno Taras Protsyuk. Os organizadores queren personalizar na figura de Couso a todos aqueles xornalistas, galegos ou non, que cada ano son asasinados, maltratados ou privados dos seus dereitos como persoas e como informadores.

O XIV Premio José Couso de Liberdade de Prensa rexerase polas seguintes bases:

1.   Calquera organización ou profesional da comunicación viva, que se destacara en defensa da
      liberdade de prensa pode ser proposto para o premio José Couso.
2.   Calquera colexiado do CPXG ou socio do Club de Prensa de Ferrol pode entregar unha proposta
      argumentada de candidato para o Premio José Couso de Liberdade de Prensa.
      Igualmente, calquera persoa ou organización vinculada de forma demostrable ao xornalismo
      está facultada para facer chegar a súa candidatura.
3.   As candidaturas deben incluir a seguinte DOCUMENTACIÓN:

      a. MEMORIA que conteña as razóns para apoiar dita candidatura
      (mínimo dun folio, máximo de catro).
      b. CURRÍCULUM VITAE do candidato ou traxectoria da organización
      (mínimo dun folio, máximo de catro).

      A candidatura pode ir acompañada, de ser necesario, por outros tipos de material de apoio e,
      en xeral, por calquera documento que achegue datos relevantes e información adicional. Esta
      información poderá ser incorporada á web do Premio. Non se admitirán candidaturas que non
      inclúan a documentación anteriormente sinalada.
4.  As candidaturas serán enviadas por correo electrónico a premiocouso@xornalistas.gal ou
      através da páxina web do premio couso.xornalistas.gal. Deberá ir perfectamente identificada a
      persoa ou entidade que propón a candidatura e un número de teléfono de contacto para as
      comprobacións pertinentes.
5.   As candidaturas deberán presentarse necesariamente antes das 14:00 horas do luns 25 DE
      FEBREIRO.
6.    Non serán admitidas as candidaturas que non cumpran cos anteriores requisitos. A
      documentación presentada non será devolta nin se manterá correspondencia sobre ela. O
      Secretario do CPXG e do premio levantará acta sobre as candidaturas recibidas e entregadas,
      xunto coas mesmas, á organización. A comisión fará oficiais e públicas -na web do Premio e na
      sede do CPXG- as candidaturas o venres 1 DE MARZO.
7.   A Xunta de Goberno do CPXG e a Directiva do Club de Prensa de Ferrol nomearán unha
      comisión específica para o certame na que estarán representados, como mínimo, o presidente,
      vicepresidente e secretario do premio. Esta comisión é o máximo órgano de decisión do premio
      e os seus ditames non admiten recurso algún. A comisión será a encargada de aprobar as
      candidaturas presentadas e de decidir o número de candidaturas finalistas do premio, que serán
      sobre as que votará o xurado. Non poderá haber máis de catro candidaturas finalistas.
8.   O XURADO do Premio José Couso está constituído por todos e cada un dos colexiados do CPXG
      e socios do Club de Prensa de Ferrol que teñan ao día o pagamento das súas cotas de
      asociados. Cada entidade participante é responsable de ter ao día e verificar o seu censo.
     O Decano do CPXG, a Presidenta do Club de Prensa e o secretario do CPXG ostentarán,
      respectivamente, a presidencia, vicepresidencia e secretaría do xurado.
9.   O xurado poderá votar única e exclusivamente a través de internet. A votación electrónica
      realizarase entre os días 1 DE MARZO.e ás 14:00 horas do venres 5 de ABRIL na web do
      premio, http://couso.xornalistas.gal.
      Os colexiados e colexiadas do CPXG realizarán o seu voto a través da intranet da web do CPXG.
      Os socios e socias do Club de Prensa de Ferrol realizarán o seu voto enviando un mail co seu
      candidato a premiocouso@xornalistas.gal. Deberán enviar a súa elección e incluír os seus datos
      persoais (nome, DNI e número de asociado). O voto non será válido se os datos non foran
      correctos. Só se aceptará un voto procedente da mesma conta de correo electrónico.
      O Secretario do CPXG levantará acta dos votos recibidos, quen os contará atribuíndollos a cada
      un dos candidatos. O Premio seralle concedido ao candidato que obteña a maioría dos votos. En
      caso de empate, o presidente do xurado disporá de voto de calidade.
      Este procedemento será supervisado por un notario, quen levantará acta do resultado.

10.  O Premio José Couso é un recoñecemento da profesión xornalística galega que non implica
      ningunha contía económica. O gañador recibirá un diploma acreditativo e o símbolo distintivo
      que representa o Premio, consistente nunha escultura de Manuel Patinha, que leva o nome de
      “Ás ceibes”.
11.  O fallo do xurado darase a coñecer en rolda de prensa.


12.    A participación neste certame implica a aceptación destas bases, depositadas ante notario.


© Club de Prensa de Ferrol 2009-2019