Logo
24 Galicia en Foco

Galicia en Foco 2017: o fotoxornalismo galego

1. Poderán concorrer os fotoxornalistas cun traballo de tema galego ou relacionado con Galicia.

2. As fotografías deberán estar publicadas en medios de comunicación (papel ou dixital) de cabeceiras recoñecidas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2017.

3. Créanse dous apartados de participación, puidendo concorrer so a un, para un único premio, de 1.000 euros.
  3.a. FOTO DO ANO. Os fotógrafos enviarán como máximo tres fotografías en B/N ou color. Para esta modalidade deberase enviar a maiores orixinal ou copia, lexible e enteira, da páxina do medio onde foron editadas.
  3.b. REPORTAXE. Os fotógrafos enviarán entre tres e cinco fotografías en B/N ou color, que formarán unha serie e irán acompañadas dun texto explicativo da temática cun máximo de 800 caracteres. Enviarán tamén copia ou orixinal lexible da publicación desta reportaxe no medio onde foi publicada.

4. Os autores enviarán as fotografías en arquivo dixital por correo electrónico a envios.galiciaenfoco@gmail.com. As especificacións técnicas dos arquivos son: espazo de cor AdobeRGB(1998), 8 bits, formato jpg (opcións de imaxe en calidade máxima, liña de base estándar), a 300 puntos por polgada de resolución e con tamaño de imaxe do lado máis grande de 30 cm. O nome dos arquivos fotográficos debe ser: nomedoautor1-2-3.jpg (no caso das fotos do apartado 3a). No caso das fotos de reportaxe (3b) será: nomedoautorserie1-2-3-4-5.jpg.

5. Cada fotografía enviarase coa súa ficha individual debidamente cuberta.

6. Os fotógrafos enviarán un breve currículo (ademais de cubrir a ficha de inscrición), coa formación e actividade profesional.

7. O prazo de recepción remata o día 7 de maio de 2018. A comprobación do correo ou calquera dúbida farase no mesmo enderezo: envios.galiciaenfoco@gmail.com.

8. O Xurado estará composto por: a presidencia do Club de Prensa de Ferrol (ou en quen delegue), e dous fotoxornalistas de recoñecido prestixio, asistidos por un secretario con voz e sen voto, membro do Club de Prensa de Ferrol.

9. O Club de Prensa de Ferrol poderá utilizar as obras para os fins previstos neste certame, así como nas súas publicacións e nunha exposición que reúna as obras seleccionadas entre as presentadas. Resérvase os dereitos de reprodución gráfica das obras premiadas, que poderán ser difundidas a través da súa páxina web e calquera outro medio publicado por esta institución, así como nas redes sociais.

10. A presentación a este certame supón a aceptación das bases.

   (descarga das bases e formulario para cumplimentar, en formato PDF)
© Club de Prensa de Ferrol 2009-2018